Galería de Fotografías

Iniciando la fotografía
------------------------------------------------------------------------------
En vacaciones del INSERSO - un día en Teide-Excursión 























º

ºººººº



















Día del abuelo


15 de Agosto de 2012
Querido Lolo: Qué ledicia felicitarte neste día de homenaxe ós maiores!. Nós, non herdamos longa vida e, precisamente, por este motivo é unha satisfacción moi grande compartir contigo este intre tan entrañable. Por sorte,   grazas a Deus,   ainda estás para seguir loitando moitos anos máis.
Comenzo dicíndoche que, para min es un primo especial, moi querido, por uns motivos  tristes  e moi duros, que endexamais esquecerei. A enfermidade e a morte de miña nai. Compartímolos e choramos xuntos a desgracia que vivíamos na quela data. Grazas polo apoio que me diches  neses momentos de tanta dor.
Na bisbarra eres moi conocido, pero para todos es o “ROXO”. Unha persoa boa, moi familiar, aberta, alegre e sempre acolledor. Enches co teu soriso e ca túa mirada chea de bondade, esa mirada que herdaches  da túa nai, a tía Manuela, a segunda avoa de tódolos primos.
Fuches un traballador incansable. Tirache do timón con dedicación, total entrega e con moito cariño e, agora estás recollendo os froitos, vivindo unha fermosa vida familiar. O muiño, os camións, a tenda, o taxi, qué mais da; era o traballo diario ó que te entregabas sen descanso e ó que lle dedicaches o mellor da túa vida.
Añadir leyenda
O   traballo no muiño convertíronvos a ti e a teu irmán Paco, nuns excelentes nadadores.  Daquela, como as diversaións eran escasas, ir a merendar a beira do río a Parada e logo darse un chapuzón na presa, era unha bonita maneira de pasar unha tarde calurosa de verán. Ti e Paco fostes salvadores de vidas por sacar a mais de un de situacións de apuro e de perigro. Non o dubidabades, a reacción era expontánea e rápida pois deseguida actuaba a grandeza do voso corazón.
Sempre servicial. Un boísimo enfermero poñando inyeccións  na queles tempos  en que non había xente especializada para facelo.
¿Recordas a meu Gregorio, berrándoche:  Lolo, Lolo esos cristales. . . ou a miña Cloti tumbada  boca abaixo, sen moverse esperando tranquila o pinchazo? Fermosas anécdotas!.
Volvendo a mirada atrás, lembramos  as cortas vidas de teus irmans, Esperanza e Germán, que se foron en plena xuventude. E, cómo non recordar a situación embarazosa dos atracadores, precisamente en Parada, ónde che se presentaron  esixíndoche,  con ameaza a entrega dun lote de comida?. Imaxínome que actuache con moitísimo medo pero, sobre todo, con valentía. Eu, que daquela era nena, lembro o Toural cheo de gardas civiles e, lembro tamén, a incertidumbre e o temor con que se viviu o acontecemente no pobo. Eran numerosos os grupos de persoas comentando o feito, atemorizados, que, gracias a Deus, non acabou en traxedia.
E xa tan só decirche, querido Lolo, que disfrutes moitos anos esta etapa da túa vida con saúde e paz e que teñas un acoubo tranquilo e felíz, como o que hoxe, estás a vivir, que che permita saborear as meles do teu sereo fogar.   
Son os desexos de tódolos que te estamos acompañando nesta tarde de verán.
Felicidades

Os teus veciños



Festa dos maiores 2012-08-15

Fai tres anos, que por iniciativa de Antonio comenzouse a festexar este acontecemento. Nil preténdese homenaxear as persoas que niste intre abandeiran polos anos ós maiores do pobo.
É un pequeno festexo pero hermoso que se de adica a cada una destas persoas, nesta data e que cumple unha doble misión. Por unha banda, felicitamos ós vecinos homenaxeados por tela sorte de chegar a estas idades. E, por outro lado, temos a ocasión e maila satisfacción de xuntarnos tódolos  vecinos, ou polo menos moitos, para compartires unhas horas de lecer e de ledicia moi familiares, que están cargadas de cariño, de emoción e tamén de respeto hacia estas persoas que ben merecen este recoñecemento.
Ben sabemos todos que isto non é o verdadeiramente importante na vida dos maiores. Somos conscientes que o que realmente conta é o cariño e o trato diario que nesta idade se precisa.  Pero iso, desgraciadamente, non está nas nosas máns, por seres soamente problemas familiares. Nós tan só aportamos un pequeno agasallo que ensalza con afecto a figura da persoa maior e queremos que se recoñezan os valores que foron sementando no seu camiñar cotiá. Son persoas cargadas de experiencia cun rico vagaxe as súas costas, que os convirten en exemplos e mestres da vida- A dureza do seu traballo vivida en tempos carentes de medios, que a nosa xuventude descoñece, marcaron duramente as súas vidas. E ahí están as profundas arrugas nas súas facianas, as súas mans cansadas reflexando as loita diaria, o seus andares lentos e torpes e as súas mentes debilitadas  pero cheas dos recordos inolvidables, uns alegres e outros tristes, vividos o longo das súas vidas.
Oxalá que os nosos fillos saiban valorar estas vidas sacrificadas e que todos prodiguemos os nosos maiores o cariño, os coidados e os mimos dos que nesta etapa da vida son merecentes. 
























































































Procesión y Fiesta en V.de Barrio
manuel te ha invitado a ver su álbum. Este álbum tiene 95 archivos.




1 comentario: